© Copyright 2007. | diseñado por ZAPASOFT | Buscar | Volver Arriba
Presentacion | Colexio | Asociacion | Eventos | Ventaxas | Colexiados | Revista | Ligazóns | Contacto | Site Map |

Constitúe pra min unha satisfacción dispoñer deste medio de comunicación global, pra dirixirme tantos ós meus compañeiros, coma tódolos cidadáns que queiran obter información do noso Colexio profesional e Asociación de Químicos.
Esta páxina pretende ser un medio eficaz é unha áxil ferramenta de comunicación pra os químicos,que reflicte o papel que o noso colectivo xoga nesta sociedade. Nela atoparedes un breve resumo do longo camiño que andamos, as nosas normas de actuación, a oferta de servizos, actividades que desenvolvemos, e todo aquelo que nos permita afrontar o longo futuro que temos por diante.
A tódolos colexiados, gustaríame pedirvos a vosa colaboración, aportando cantos consellos e suxestións consideredes poidan contribuír á unha maior proxección da Química na sociedade.
Si a información que tratamos de proporcionar cumpre o seu cometido, os membros da Xunta Directiva de esta institución cincuentenaria, darémonos por satisfeitos. E un dos nosos obxectivos: que o Colexio sexa a Casa de tódolos químicos e sirva para espertar e estimular o interese pola Ciencia Química na sociedade Galega, verase cumprido.
Sabede que dende o Colexio Oficial de Químicos de Galicia e a Asociación de Químicos de Galicia, estaremos sempre á vosa disposición pra todo aquelo estea na nosa man.
Benvidos e grazas pola vosa visita.
Antonio Macho Senra