Benvida

Constitúe para o Colexio Oficial de Químicos de Galicia, ao que teño a honra de representar, unha gran satisfacción o dispor deste medio de comunicación global, para dirixirme tanto aos meus compañeiros como a todos os cidadáns que demanden información sobre o noso Colexio Profesional así como da Asociación de Químicos.
Esta páxina Web pretende ser un medio eficaz e unha ferramenta áxil de comunicación para os químicos e que reflicte o papel que o noso colectivo achega á sociedade. Nela atoparedes un resumo do longo camiño que percorremos, normas de actuación colexial, oferta de servizos, actividades que desenvolvemos, e todo aquilo que nos permita afrontar o longo traxecto que temos por diante.
A tódolos compañeiros colexiados gustaríame pedirvos a vosa colaboración, achegando cantos consellos e suxestións consideredes de aplicación, para que poidan contribuír a unha maior proxección da Química na sociedade.
Un dos nosos obxectivos prioritarios é que o Colexio sexa a "Casa" de todos os químicos e, por outra banda, que sirva para espertar e estimular o interese pola Ciencia Química na sociedade. Si a información que tratamos de proporcionarvos aquí cumpre o seu labor, os membros da Xunta Directiva desta institución cincuentenaria darémonos por satisfeitos.
Sabede que dende o Colexio Oficial de Químicos de Galicia e a Asociación de Químicos de Galicia, estaremos sempre á vosa enteira disposición para todo aquilo que estea ao noso alcance.
Grazas pola vosa visita.
Antonio Macho Senra
Decano-Presidente
01-01-2011 - 2011 AÑO INTERNACIONAL DE LA QUIMICA
10-11-2010 - XVI ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE QUÍMICA
15-12-2010 - Curso: " Auditorias Internas dos Sistemas de Calidade UNE-EN ISO/IEC 17025:2005 en laboratorios de ensaio"
10-11-2010 - XVI Encontro Galego-Portugués de Química
20-10-2010 - Congreso Internacional de Riscos Laborais
22-09-2010 - Curso: "Calibración interna de equipos de medida e ensaios en laboratorios acreditados UNE-EN ISO/IEC 17025:2005"
Colexio Oficial de Químicos de Galicia
Urzáiz, 1 - 2º Dcha. 36201 Vigo (Pontevedra)
Tel: 986 43 79 15 || Fax: 986 22 06 81
secretaria@colquiga.org