OBXECTIVO

A idea principal é crear un marco que sirva para a mellora da ensinanza da química, onde os profesionais docentes poidan coñecer, compartir e intercambiar experiencias que melloren a súa labor docente en conxunto. Tratarase de dar cabida a todos los centros educativos, tanto públicos como privados, da Comunidade Autónoma de Galicia, incluíndo o ámbito universitario. O evento e ideal para:

  • Intercambiar ideas e formas de ensinar a química en todos os niveis da ensinanza. Preténdese que os asistentes teñan una visión global da situación educativa da Química na nosa Comunidade. Dende 2º de Educación Secundaria, onde se inicia o seu estudio na materia de Física e Química ata o ámbito universitario.

  • Servir de punto de encontro de todolos ensinantes da química en Galicia, creando un ambiente que promova o intercambio de experiencias, tanto de xeito formal como informal (Coffeedidac ).

  • Buscar a innovación e excelencia na Ensinanza da Química, afrontar os novos retos que supón a introdución das novas tecnoloxías e metodoloxías en educación.

  • Entender a importancia da química no ámbito profesional, e as súas implicacións nas diferentes profesións.

A QUEN VAI DIRIXIDO O CONGRESO

  • Profesores de Centros Educativos de Secundaria, tanto públicos, como concertados e privados.

  • Profesores de centros CIFP.

  • Profesores das universidades da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Estudantes do Mestrado de Profesorado.

COMITÉ CIENTÍFICO

  • José Manuel Andrade Garda.

  • José María Fernández Solís

  • Santiago Díaz Barbeito

COMITÉ DE DIRECCIÓN:

  • José Luis Francisco Fuentes

  • María Rosario Fernández Munín

  • José Ramón Bahamonde Hernando

  • Juan José Sanmartín Rodríguez.

  • Manuel Rodríguez Méndez

  • Jaime Franco Vázquez

HORARIO E SITUACIÓN
Ubicación

Edificio Area Central-Local 31E

15707. Santiago de Compostela

A Coruña

secretariatecnica@colquiga.org

secretaria@colquiga.org

Tlfn. 981 93 93 38

Horario

Luns- Venres

10:00-14:00hrs.

 

Aviso Legal      > >>       Política de Privacidade       >>>    Accesibilidade

Colexio Oficial de Químicos de Galicia

Edificio Area Central-Local 31E

15707. Santiago de Compostela.

(A Coruña)

secretariatecnica@colquiga.org

secretaria@colquiga.org

Tlfn. 981 93 93 38