7 de Xullo de 1944

  • Decreto polo que se determinan as atribucións e campos de actuación dos Doutores e Licenciados nas súas distintas especialidades.

9 de marzo de 1951

  • Créanse os Colexios de Doutores e Licenciados en Ciencias Químicas e Físico-Químicas como Corporacións Oficiais de carácter profesional, e coa consideración de persoas xurídicas con plena capacidade para o desenvolvemento dos seus fins. Establécese (artigo 3) que a  colegiación é obrigatoria para exercer a profesión, excepto no caso da docencia.

20 de abril de 1952

  • Constitución no local da Escola de Arte e Oficios de Vigo, baixo a presidencia do Delegado do Consello Superior de Colexios Químicos D, Antonio Rodriguez das Heras, do Colexio Oficial de Químicos de Vigo (con posterioridade de Galicia. Acta de Constitución.

15 de decembro de 1953

  • Orde ministerial ( B.O.E. de 26/12/1953) pola que se concede aos Doutores e Licenciados en Ciencias Químicas e Físico Químicas o dereito de posuír un laboratorio adxunto ao seu despacho, sen pago de cota extra algunha.

2 de setembro de 1955

Publícase o Decreto de Profesionalidade, no que se establecen:

  • Artigo 1º .- “Os Licenciados en Ciencias, Sección de Químicas, están facultados para exercer actividades profesionais de carácter científico e técnico dentro do marco da súa especialidade. Estas actividades profesionais comprenden a actuación en funcións directivas, executivas, de asesoramento a entidades que requiran asistencia e colaboración de carácter científico na especialidade de Química”

  • Artigo 2º .- “Os ditames, estudos, análises, ensaios, taxacións, e outros documentos que vaian asinados por un Químico colexiado, sempre que se refiran a industrias, procedementos ou actividades de carácter químico e as aplicacións técnicas correspondentes, serán admitidos a todos os fins polas Administracións do Estado e corporacións Públicas ou de calquera organismo oficial ou privado”.

  • Artigo 4º .-“ O título de Licenciado en Ciencias Químicas faculta ao seu posuidor para ocupar prazas de funcionario técnico das Administracións Estatais, provinciais ou municipais, e as súas misións serán equivalentes en categoría e responsabilidade ás sinaladas no artigo 1º”.

10 de agosto de 1963

  • Decreto mediante o que se recoñece aos Licenciados en Ciencias Químicas o dereito para asinar proxectos de instalacións e actividades industriais de carácter químico, que no anterior Decreto reservábase aos Doutores en Química Industrial.

febreiro de 1979

  • Aparece o número cero de “GALICIA QUÍMICA”, órgano de información do Colexio Oficial de Químicos de Vigo e da  ANQUE de Galicia

  • Cambio de denominación do Colexio Oficial de Químicos de Vigo, polo de Colexio Oficial de Químicos de Galicia.

abril de 2002

  • Celebración do Cincuentenario do Colexio Oficial de Químicos de Galicia.

novembro de 2002

  • Se crean e regulan as especialidades sanitarias para químicos, biólogos e bioquímicos

Xunio 2018

  • Despois de máis de 50 anos en Vigo, trasládase a sede do Colexio Oficial de Químicos de Galicia a Santiago de Compostela. (Edificio Area Central-Local 31E)

Breve Historia das nosas Organizacions

HORARIO E SITUACIÓN
Ubicación

Edificio Area Central-Local 31E

15707. Santiago de Compostela

A Coruña

secretariatecnica@colquiga.org

secretaria@colquiga.org

Tlfn. 981 93 93 38

Horario

Luns- Venres

10:00-14:00hrs.

 

Aviso Legal      > >>       Política de Privacidade       >>>    Accesibilidade

Colexio Oficial de Químicos de Galicia

Edificio Area Central-Local 31E

15707. Santiago de Compostela.

(A Coruña)

secretariatecnica@colquiga.org

secretaria@colquiga.org

Tlfn. 981 93 93 38