Olimpíada Galega Bacharelato

No ano 1980 a Xunta Directiva da Agrupación  ANQUE galega puxo en marcha un proxecto que desde facía tempo viña perfilando: a celebración da I Olimpíada Galega de Química
O Colexio Oficial de Químicos de Galicia e a Asociación de Químicos de Galicia- ANQUE senten especialmente orgullosos de ser os fundadores das Olimpíadas de Química en España.
Os obxectivos da mesma eran entre outros:

      Espertar e estimular entre os estudantes o seu interese pola Química.

      Motivar vocacións químicas.
      Proporcionar aos profesores oportunidades para intercambiar ideas e experiencias con compañeiros doutros centros.
      Servir de información achega do nivel alcanzado pola materia de Química en todos os centros en que se imparta.
      Contribuír á proxección da imaxe da Química na nosa sociedade.

Desde o principio a idea contou coa colaboración máis entusiasta tanto por parte do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, a Agrupación  ANQUE-Galicia, como da Facultade de Química da Universidade de Santiago, que ofreceu os seus locais para a realización das probas.

Os exercicios realizáronse no mes de Xuño de 1980. Presentáronse 46 alumnos, estudantes da materia de Química de  COU. As medallas e premios aos tres gañadores entregáronse na Festa do Licenciado na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela.

O Tribunal que xulgou as probas foi o seguinte:

          Presidente:  Gonzalo Vázquez Uña (Decano da Facultade de  Quimica da USC)
          Vogais:       Constantino Peón Amor (Decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia)
                               Xeneroso Álvarez Seoane (Presidente da Agrupación  ANQUE-Galicia)
                               Manuel Pazo Carracedo (Catedrático de Física e Química de  INB)
                                Sergio Penas García (Catedrático de Física e Química de  INB)
          Secretario:    Enrique Macías Ruiz (Catedrático e Vicesecretario da Agrupación  ANQUE-Galicia).

HORARIO E SITUACIÓN
Ubicación

Edificio Area Central-Local 31E

15707. Santiago de Compostela

A Coruña

secretariatecnica@colquiga.org

secretaria@colquiga.org

Tlfn. 981 93 93 38

Horario

Luns- Venres

10:00-14:00hrs.

 

Aviso Legal      > >>       Política de Privacidade       >>>    Accesibilidade

Colexio Oficial de Químicos de Galicia

Edificio Area Central-Local 31E

15707. Santiago de Compostela.

(A Coruña)

secretariatecnica@colquiga.org

secretaria@colquiga.org

Tlfn. 981 93 93 38