DIDÁCTICA DA QUÍMICA

ASOCIACIÓN DE QUÍMICOS DE GALICIA E COLEXIO OFICIAL DE QUÍMICOS DE GALICIA

INTRODUCCIÓN

 

O 20 de decembre de 2017, durante a 74ª Reunión Plenaria, a 72ª Sesión da Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 2019 como o Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos. De esta forma, a ONU. quere recoñecera necesidade de desenvolver unha crecente conciencia global sobre o papel clave que xoga a química no Desenvolvemento Sostible ao proporcionar importantes solucións a desafíos globais tales como a enerxía, a alimentación, a saúde ou a educación. De feito, a  resolución foi adoptada como parte do Programa sobre Ciencia e Tecnoloxía para o Desenvolvemento da ONU.

A conmemoración, que coincide co 150º aniversario da proposta por parte de Dmitri Mendeleev, en 1869, da primeira Táboa Periódica dos Elementos, reunirá a diferentes grupos de interese, entre eles a UNESCO, sociedades científicas, institucións educativas e de investigación para promover e celebrar durante o ano 2019 a relevancia da Táboa Periódica dos Elementos e a súas aplicacións e contribucións a sociedade.

A Táboa Periódica dos Elementos é considerada como un dos logros mais significativos da Ciencia, que vincula diferentes campos de coñecemento como a Astronomía, a Química, a Física, a Bioloxía e outras ciencias da natureza. Trátase dunha ferramenta única que permite aos científicos predicir a aparencia e as propiedades da materia na Terra e no Universo.

Dende a Asociación de Químicos de Galicia levamos anos dando difusión a Química e, con motivo deste aniversario, propoñemos retomar as Actividades do Congreso ou Encontro de docentes para a Divulgación da Química na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Asociación de Químicos de Galicia, en coordinación co Colexio Oficial de Químicos de Galicia, leva organizando desde 1980 as Olimpíadas Galegas de Química, probas recoñecidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como de Innovación Educativa, os seus obxectivos son, entre outros:

  • Xerar e estimular entre os estudantes o seu interese pola Química.

  • Motivar vocacións químicas.

  • Proporcionar aos profesores oportunidades para intercambiar ideas e experiencias con compañeiros doutros centros.

  • Servir de información acerca do nivel acadado pola sinatura de Química en todos os centros en que se imparte.

  • Contribuír a proxección da imaxe da Química na nosa sociedade.

Emulando os mesmos obxectivos, proponse crear e desenvolver un CONGRESO DE DIDÁCTICA DA QUÍMICA co mesmo espírito co que se levan facendo as 35 edicións xa realizadas das Olimpíadas de Química.

HORARIO E SITUACIÓN
Ubicación

Edificio Area Central-Local 31E

15707. Santiago de Compostela

A Coruña

secretariatecnica@colquiga.org

secretaria@colquiga.org

Tlfn. 981 93 93 38

Horario

Luns- Venres

10:00-14:00hrs.

 

Aviso Legal      > >>       Política de Privacidad       >>>    Accesibilidad

Colexio Oficial de Químicos de Galicia

Edificio Area Central-Local 31E

15707. Santiago de Compostela.

(A Coruña)

secretariatecnica@colquiga.org

secretaria@colquiga.org

Tlfn. 981 93 93 38