II PREMIO PROFESOR MANUEL BAO IGLESIAS

Con obxecto de apoiar a excelencia en investigación e de establecer lazos entre os estudantes de Grao en Química e o Colexio Oficial de Químicos de Galicia, establécense as seguintes bases do Premio  Prof. MANUEL  BAO IGREXAS á excelencia en investigación novel entre os universitarios que opten ao Grao de Química.

Tamén é obxecto deste premio render Homenaxe á memoria do Profesor Dr. Manuel  Bao Igrexas insigne Químico e Colexiado do Colexio Oficial de Químicos de Galicia.

    DOTACIÓN DO PREMIO

Establécese un premio para aqueles estudantes de Grao en Química, Enxeñería Química cunha dotación de 500 € para o seu traballo de Grao. Leste monto distribuirase da seguinte forma:

    Inscrición no  Encontro  Galego Portugués de Química que se celebra o ano que se outorga o premio.

    Estancia no Congreso (Hotel, manutención e traslado.)


Poden consultar aquí toda a información para optar ao Premio.

PREMIO A  EXCELENCIA QUÍMICA EMPRESARIAL DE GALICIA 2017

Este premio foi creado polo Colexio Oficial de Químicos de Galicia para recoñecer o labor das empresas, que, asentadas na Comunidade Autónoma de Galicia, desenvolven o fomento e impulso do sector Químico e xeran riqueza a través da Química.

No ano 2017 o Premio foi para a planta de REPSOL en Arteixo.

Este galardón quere tamén recoñecer o compromiso que exerce Repsol desde Galicia coa innovación, o seu desenvolvemento sostido e a responsabilidade na súa estratexia de crecemento e aposta pola investigación.

HORARIO E SITUACIÓN
Ubicación

Edificio Area Central-Local 31E

15707. Santiago de Compostela

A Coruña

secretariatecnica@colquiga.org

secretaria@colquiga.org

Tlfn. 981 93 93 38

Horario

Luns- Venres

10:00-14:00hrs.

 

Aviso Legal      > >>       Política de Privacidade       >>>    Accesibilidade

Colexio Oficial de Químicos de Galicia

Edificio Area Central-Local 31E

15707. Santiago de Compostela.

(A Coruña)

secretariatecnica@colquiga.org

secretaria@colquiga.org

Tlfn. 981 93 93 38