BENVIDA DO DECANO

Constitúe para o Colexio Oficial de Químicos de Galicia, ao que teño a honra de representar, unha gran satisfacción o dispor deste medio de comunicación global, para dirixirme tanto aos meus compañeiros como a todos os cidadáns que demanden información sobre o noso Colexio Profesional así como da Asociación de Químicos.

Esta páxina Web pretende ser un medio eficaz e unha ferramenta áxil de comunicación para os químicos e que reflicte o papel que o noso colectivo achega á sociedade. Nela atoparedes un resumo do longo camiño que percorremos, normas de actuación colexial, oferta de servizos, actividades que desenvolvemos, e todo aquilo que nos permita afrontar o longo traxecto que temos por diante.

A tódolos compañeiros colexiados gustaríame pedirvos a vosa colaboración, achegando cantos consellos e suxestións consideredes de aplicación, para que poidan contribuír a unha maior proxección da Química na sociedade.

Un dos nosos obxectivos prioritarios é que o Colexio sexa a "Casa" de todos os químicos e, por outra banda, que sirva para espertar e estimular o interese pola Ciencia Química na sociedade. Si a información que tratamos de proporcionarvos aquí cumpre o seu labor, os membros da Xunta Directiva desta institución cincuentenaria darémonos por satisfeitos.

Sabede que dende o Colexio Oficial de Químicos de Galicia e a Asociación de Químicos de Galicia, estaremos sempre á vosa enteira disposición para todo aquilo que estea ao noso alcance.

Grazas pola vosa visita.

HORARIO E SITUACIÓN
Ubicación

Edificio Area Central-Local 31E

15707. Santiago de Compostela

A Coruña

secretariatecnica@colquiga.org

secretaria@colquiga.org

Tlfn. 981 93 93 38

Horario

Luns- Venres

10:00-14:00hrs.

 

Aviso Legal      > >>       Política de Privacidad       >>>    Accesibilidad

Colexio Oficial de Químicos de Galicia

Edificio Area Central-Local 31E

15707. Santiago de Compostela.

(A Coruña)

secretariatecnica@colquiga.org

secretaria@colquiga.org

Tlfn. 981 93 93 38